Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29761

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO da convocatoria para a contratación laboral temporal, a tempo parcial, mediante o sistema de oposición, de tres operarios de servizos varios.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 7 de xuño de 2018, convócase oposición para poder seleccionar as tres persoas que serán contratadas por un período de dous anos e medio a tempo parcial de vinte e catro horas semanais, como operarios de servizos varios, conforme as bases aprobadas na dita sesión, que están á disposición dos interesados na páxina web do concello.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria contida neste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Arzúa, 13 de xuño de 2018

José Luis García López
Alcalde