Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29554

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 243/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 243/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Rodríguez Pose contra Ifedic Pereira, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Decido que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por Martín Rodríguez Pose contra a entidade Ifedic Pereira, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Ifedic Pereira, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 5.422,51 euros brutos por salarios devindicados en agosto e setembro de 2016, con inclusión de parte proporcional de pagas extra, compensación económica por vacacións non gozadas e diferenzas salariais devindicadas durante o ano 2016, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social. As devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274, debendo salientar en concepto os seguintes díxitos 4757000065 e o número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e, se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander, na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ifedic Pereira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza