Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29556

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 981/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 981/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pilar Taibo Torrado contra Walter Omar Vadell López, Barrañán, S.C. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Pilar Taibo Torrado contra a entidade Barrañán, S.C. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto Pilar Taibo Torrado o 1 de setembro de 2017 e condeno a que a entidade Barrañán, S.C., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 39,88 euros diarios, ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 109,66 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento definitivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Pilar Taibo Torrado contra Walter Omar Vadell, a quen debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as ditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274; deberá sinalar en Concepto os seguintes díxitos 4757000065 e o número de expediente con seis (6) díxitos (catro (4) para o número e dous (2) para o ano), e se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander, na conta número 4757000065 e o número de expediente con seis (6) díxitos (catro (4) para o número e dous (2) para o ano), acreditado mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Walter Omar Vadell e Barrañán, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza