Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29516

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 6 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

BDNS (Identif.): 403264.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as entidades privadas recoñecidas ou autorizadas como entidades prestadoras de servizos de asesoramento inscritas no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a prestación de servizos de asesoramento no ámbito de actuación da Comunidade Autónoma de Galicia, e convocalas para o ano 2018, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 dentro da medida 2, Servizos de asesoramento, xestión e remuda destinados ás explotacións agrícolas, submedida 2.1, Apoio para contribuír á obtención de servizos de asesoramento (procedemento MR616B).

A medida enlaza esencialmente coa prioridade 1 e, particularmente, coas áreas focais 1A (fomentar a innovación, cooperación e o desenvolvemento da base de coñecemento nas zonas rurais). Con todo, dado o seu carácter horizontal contribúe transversalmente ao cumprimento dos obxectivos de todas as prioridades e, en concreto, das áreas focais 2B (facilitar a entrada no sector agrario de agricultores adecuadamente formados e, en particular, a remuda xeracional), 3A (mellorar a competitividade dos produtores primarios integrándoos mellor na cadea agroalimentaria a través de réximes de calidade, engadir valor aos produtos agrícolas, promoción en mercados locais e en circuítos de distribución curtos, agrupacións e organizacións de produtores e organizacións interprofesionais), 4A (restaurar, preservar e mellorar a biodiversidade (incluído nas zonas Natura 2000 e nas zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas), os sistemas agrarios de alto valor natural, así como o estado das paisaxes europeas), 4B (mellorar a xestión da auga, incluíndo a xestión dos fertilizantes e dos praguicidas), 4C (previr a erosión dos solos e mellorar a súa xestión), 5B (lograr un uso máis eficiente da enerxía na agricultura e na transformación de alimentos), 5C (facilitar a subministración e o uso de fontes renovables de enerxía, subprodutos, refugallos e residuos e demais materia prima non alimentaria para impulsar o desenvolvemento da bioeconomía), 5D (reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco de procedentes da agricultura), 5E (fomentar a conservación e captura de carbono nos sectores agrícola e forestal), 6A (facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego) e 6B (promover o desenvolvemento local nas zonas rurais).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 6 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

Cuarto. Importe

O importe máximo da axuda por explotación asesorada establécese en función da modalidade de asesoramento previsto e a orientación produtiva principal que conste no Reaga.

Modalidade

Prezo do servizo (€)

Explotacións agrícolas

Explotacións gandeiras

Básico

460

670

Intermedio

670

850

Integral

850

1.000

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2018

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias