Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28964

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 860/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 860/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Daniel Luaces Val contra Cedelog, S.L., Norbert Dentressangle Gerposa, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa sentenza expresa:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Jesús Daniel Luaces Val contra Cedelog, S.L., Norbert Dentressangle Gerposa, S.L. (actualmente XPO Transport Solutions Spain), efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a Cedelog, S.L., a aboarlle ao demandante a suma de 5.335,22 euros en concepto de salarios de agosto de 2015, vacacións non desfrutadas, axudas de custo e descontos indebidos na nómina de xullo de 2015, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto da dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

2. Debo absolver e absolvo a Norbert Dentressangle Gerposa, S.L. (actualmente XPO Transport Solutions Spain) das peticións deducidas na súa contra.

3. No que atangue á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Cedelog, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza