Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28698

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 2 de maio de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 92, do 15 de maio de 2018, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 24252, no artigo 22.3, onde di:

«A nova contratación deberá cumprir os requisitos exixidos na orde de convocatoria para as contratacións iniciais subvencionadas e deberá ser notificada á Secretaría Xeral de Emprego, indicando a causa da baixa, nun prazo máximo de 15 días desde a correspondente contratación. Na notificación a entidade beneficiaria deberá achegar os seguintes documentos:

a) Parte de baixa na Seguridade Social da persoa substituída.

b) Parte de alta na Seguridade Social e contrato de traballo na modalidade de contrato de traballo temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese social da persoa substituta.

c) Certificado de selección da persoa substituta, no modelo publicado na web http://emprego.ceei.xunta.gal/programas-de-cooperacion-yei, agás que se trate dunha candidata que quedara en lista de espera na primeira selección e cumpra no momento de formalizar a contratación os requisitos da orde de convocatoria para as contratacións subvencionadas.

d) Documento de información da subvención, en que conste o xustificante de recepción da persoa traballadora.»

Debe dicir:

«A nova contratación deberá cumprir os requisitos exixidos na orde de convocatoria para as contratacións iniciais subvencionadas e deberá ser notificada á Secretaría Xeral de Emprego, indicando a causa da baixa, nun prazo máximo de 15 días desde a correspondente contratación. Na notificación a entidade beneficiaria deberá achegar os seguintes documentos:

a) No caso de extinción de contrato, previsto no número 1, parte de baixa na Seguridade Social da persoa substituída, e no suposto de baixa temporal a que fai referencia o número 2, xustificación de duración superior a 30 días mediante o correspondente parte de baixa ou informe médico.

b) Contrato de traballo, na modalidade de contrato de traballo temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese social, formalizado e debidamente comunicado, da persoa substituta.

c) Parte de alta na Seguridade Social xunto co informe de datos de cotización (IDC) da persoa substituta.

d) Certificado de selección da persoa substituta, no modelo publicado na web http://emprego.ceei.xunta.gal/programas-de-cooperacion-yei, agás que se trate dunha candidata que quedara en lista de espera na primeira selección e cumpra no momento de formalizar a contratación os requisitos da orde de convocatoria para as contratacións subvencionadas.

e) Documento de información da subvención polo Fondo Social Europeo, debidamente asinado pola persoa substituta.»

Na páxina 24255, no artigo 24, debe engadirse unha alínea:

h) Certificado de selección da persoa contratada, no modelo publicado na páxina web http://emprego.ceei.xunta.gal/programas-de-cooperacion-yei

Na páxina 24258, no artigo 25, engádese unha alínea r) e, consecuentemente, as alíneas r) e s) pasan a denominarse como s) e t), respectivamente,

«r) Unha vez recibidos os fondos, tanto do anticipo como do pagamento final, a entidade beneficiaria deberá remitir á Secretaría Xeral de Emprego unha certificación acreditativa da súa recepción. Para estes efectos deberá presentar os extractos bancarios xustificativos do ingresos dos respectivos importes.»