Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28828

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto (PO 1030/2012).

PO Procedemento ordinario 1030/2012

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Ángel Vieites Suárez

Demandados: Copcisa, S.A., Ute Lavacolla, Construcciones Lorenzo Cao, S.L., Ute Corsan Corvian Construcción, S.A., Tecnología de las Construcciones, S.A., Fondo de Garantía Salarial

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1030/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Vieites Suárez contra Copcisa, S.A., UTE Lavacolla, Construcciones Lorenzo Cao, S.L., UTE Corsan Corvian Construcción, S.A., Tecnología de la Construción, S.A., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Auto

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como procedemento ordinario PO baixo o número 1030/2012, nas cales é parte demandante Ángel Vieitez Suárez, asistido pola letrada Sra. Vila Amarelle, e son partes codemandadas UTE Lavacolla, asistida polo letrado Sr. Naveira Couceiro, a mercantil Copcisa, que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, a mercantil Construcciones Lorenzo Cao, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, a mercantil Corsan Corvián, S.A., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, Marcos Fernández Delgado (na súa condición de administrador concursal), que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, a mercantil Tecnologías de la Construcción, S.A. (respecto da cal se desiste no plenario do exercicio da acción que agora nos ocupa), que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para el, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei dito a presente resolución xurídica con base nos seguintes [...]

Parte dispositiva.

Dispoño: que debo aclarar e aclaro o auto de aclaración do 1 de setembro de 2014 (ao cal anteceden o auto aclaratorio do 12 de maio de 2014, o auto aclaratorio do 2 de maio de 2014 e a sentenza estimatoria nº 62/2014 do 29 de xaneiro de 2014), modificando o teor literal do fundamento xurídico segundo deste nos termos seguintes e confirmando o resto dos termos no seu contido íntegro:

Onde di: «... SEGUNDO... En consecuencia, a parte dispositiva debería quedar redactada nos seguintes termos: “Que, considerando a demanda promovida por Ángel Vieitez Suárez contra a empresa Construcciones López Cao, S.L. e o seu administrador concursal Marcos Fernández Delgado, contra o Fogasa e contra a UTE Lavacolla, debo condenar e condeno as codemandadas, solidariamente ao aboamento das cantidade de 4.498,67 euros, cantidade da cal responderá solidariamente, a UTE Lavacolla na cantidade de 2.520,61 euros, cantidade que se incrementará co xuro por demora do 10 % sobre a devandita cantidade... DISPOÑO... Corrixir o erro material padecido no feito primeiro da Sentenza do 29 de xaneiro de 2014 nos termos mencionados ut supra... ».

Debe dicir: «... SEGUNDO... En consecuencia, a parte dispositiva debería quedar redactada nos seguintes termos: “Que, considerando a demanda promovida por Ángel Vieitez Suárez contra a empresa Construcciones Lorenzo Cao, S.L. e o seu administrador concursal Marcos Fernández Delgado, contra o Fogasa e contra a UTE Lavacolla, debo condenar e condeno as codemandadas, solidariamente, ao aboamento da cantidade de 4.498,67 euros, cantidade da cal responderá solidariamente a UTE Lavacolla na cantidade de 2.520,61 euros, cantidade que se incrementará co xuro por demora do 10 % sobre a devandita cantidade... DISPOÑO... Corrixir o erro material padecido no feito primeiro da sentenza do 29 de xaneiro de 2014 nos termos mencionados ut supra... ».

Notifíquese este auto ás partes comparecidas facéndolles saber que este é firme e que contra ela non cabe interpoñer recurso ordinario ningún distinto ao que, se é o caso, proceda interpor contra a resolución a que se refira a solicitude ou aclaración de oficio, de acordo co disposto no artigo 214.4 da Lei de axuizamento civil.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, eu, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A xuíza substituta

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tecnologías de la Construcción, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza