Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2018 Páx. 28186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 12 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos de documentación nos procedementos BS650G competencia desta xefatura territorial (expediente 150040915).

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio dos interesados, sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícanse os actos ás persoas citadas no anexo para que no prazo de 10 días contados desde o día seguinte á data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa avenida Salvador de Madariaga , nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido dos requirimentos, advertíndolles que, no caso de non comparecer, teranse por notificados a todos os efectos.

Por ser documentación imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causa imputable ao interesado, advírteselle das consecuencias do seu incumprimento ao abeiro do disposto no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, de desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.

A Coruña, 12 de marzo de 2018

Mª Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedementos BS650G

Interesado/a

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

Iglesias Fernández, José Manuel

32388740W

BS650G150040915

23.11.2017

1

ANEXO II

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Copia completa declaración IRPF 2015 e 2016