Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2018 Páx. 28184

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 28 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións dos procedementos BS626F e BS618D, competencia desta xefatura.

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos seus artigos 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, notifícanse mediante este edicto as resolucións dos recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas nos anexos, ao seren devoltas polo servizo de Correos, toda vez que se intentou a notificación e non se puido efectuar por causas non imputables á Administración.

Así mesmo no prazo dun mes a partir do día seguinte á data desta publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas citadas nos anexos ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer na Xefatura Territorial de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, avda. Salvador de Madariaga, 9, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o texto íntegro da resolución e o resto do expediente.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa, e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición competente no prazo de dous meses desde o día seguinte á notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 28 de febreiro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS626F

Interesado/a

DNI/NIE

Nº expediente

Resolución

Data

Mª del Mar Silva Iglesias

47673504J

15030029615

Desestimación

15.1.2018

Interesado/a

DNI/NIE

Nº expediente

Resolución

Data

Sonia Mª Tesouro Fernández

44455687E

15030035716

Desestimación

31.10.2017

Mirian Paz Roca

79336484P

15070001317

Desestimación

28.12.2017

ANEXO II

Procedemento BS618D

Interesado/a

DNI/NIE

Nº expediente

Resolución

Data

Teresa Monteiro Vargas

32655027H

15036006417

Inadmisión

27.12.2017