SSS. Seguridade social 439/2017
Procedemento de orixe: sobre seguridade social
Demandante: Isidoro Rey Dopazo
Avogada: Elena Meira González
Demandados: Heroya, S.A., Grupo Oya Pérez, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal, Altamar Heroya Primero Ltd., ISM e TXSS
Avogados: letrado do Servizo Público de Emprego Estatal, letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social
Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Isidoro Rey Dopazo contra Heroya, S.A., Grupo Oya Pérez, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal, Altamar Heroya Primero Ltd., ISM e TXSS, en reclamación por seguridade social, rexistrado co número de seguridade social 439/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Heroya, S.A., Grupo Oya Pérez, S.L. e Altamar Heroya Primero Ltd., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 10 de xullo de 2018, ás 10.20 horas, na 1ª planta, sala 6, do edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.
Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.
Para que lles sirva de citación a Heroya, S.A., Grupo Oya Pérez, S.L. e Altamar Heroya Primero Ltd., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
Pontevedra, 16 de maio de 2018
O letrado da Administración de xustiza