Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27778

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

Mediante a Resolución do 11 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 237, do 15 de decembro), a Dirección Xeral da Función Pública convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Publica do 16 de abril de 2018, (Diario Oficial de Galicia núm. 77, do 20 de abril), fixéronse públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas ao concurso.

A base VIII da convocatoria, relativa á comisión de valoración, establece no seu punto quinto que «examinadas e resoltas pola comisión as reclamacións presentadas, elevarase proposta definitiva de resolución do concurso. A convocatoria resolverase por resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Función Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na cal figurarán os destinos adxudicados a cada un dos participantes».

A comisión de valoración, na súa xuntanza do día 21 de maio de 2018, acordou, unha vez vistas as reclamacións presentadas contra a valoración provisional de méritos, elevar á Dirección Xeral da Función Pública a proposta definitiva de resolución do concurso.

Por razóns organizativas e para os efectos de manter o correcto funcionamento dos servizos públicos difírense os prazos posesorios derivados da resolución do concurso.

Consonte o anterior, esta dirección xeral, ao abeiro do disposto na Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública en materia de convocatoria e resolución de concursos de traslados (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 18 de xullo), modificada pola Orde da Consellería de Facenda do 26 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 162, do 27 de agosto), e de conformidade co previsto na base VIII.5 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro. Facer públicas as adxudicacións de postos de traballo que se relacionan no anexo I ás persoas que nel se especifican. Esta información atópase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de <concurso de traslados>.

Segundo. De acordo co disposto na base IX da convocatoria do concurso de traslados, os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, casos en que poderán optar entre os postos adxudicados, están obrigados a comunicar por escrito a opción seleccionada á Dirección Xeral da Función Pública no prazo dos tres días seguintes ao da resolución pola que se abren prazos posesorios.

Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios polo que, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización.

Terceiro. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse con data do 17 de setembro de 2018.

Se a adxudicación comporta reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e deberá computarse desde o día 17 de setembro de 2018.

Cuarto. En aplicación do parágrafo terceiro da base I.2.a) da convocatoria do concurso, relativo ás persoas que están obrigadas a participar nel, ao persoal funcionario de carreira que cumprindo a obriga establecida no artigo 97.5 da LEPG non obteña praza consecuencia da resolución do concurso, seralle adxudicado pola Dirección Xeral da Función Pública, de oficio e con carácter definitivo, un posto de traballo correspondente ao seu corpo ou escala de entre aqueles que queden vacantes, polo que, en consecuencia, se adxudica a María del Sagrario Roel Alonso, DNI 36073479A, o posto de traballo que se relaciona no anexo II.

A data de cesamento e os prazos de toma de posesión correspóndense cos referenciados no punto terceiro desta resolución.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou se poderá impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Concurso ordinario escala de finanzas

Listaxe ordenada por apelidos e nome.

1º Apelido

2º Apelido

Nome

NIF

Subgr.

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Puntos

Álvarez

Figueroa

Sabino

76990792V

A2

63

FC.C03.00.031.36560.005

Xefatura Sección

FC

Vigo

25

9.940

Amiama

González

María Teresa

33315671X

A2

7

FC.A29.10.000.15001.118

Xefatura de Equipo

FC

A Coruña

25

20.900

Balo

Rodríguez

Rubén

44848859D

A2

4

FC.A20.00.004.15770.011

Xefatura de Equipo

FC

Santiago de Compostela

25

11.700

Barroso

Rodríguez

María Isabel

36149897S

A2

75

FC.A29.10.000.36560.225

Subxefatura Unidade de Inspección

FC

Vigo

24

17.300

Calvo

Otero

María del Mar

32766578L

A1

6

FC.A29.10.000.15001.114

Xefatura de Equipo

FC

A Coruña

25

22.050

Carreira

Costas

Elvira

36105086P

A2

59

FC.C03.00.030.36560.010

Xefatura Sección I

FC

Vigo

25

15.950

Cores

González

Ana María

52458431P

A2

54

FC.C03.00.018.15770.015

Xefatura Sección

FC

Santiago de Compostela

25

19.850

Fuentes

Ríos

Ángel Ignacio

53171853Q

A1

27

FC.A29.10.000.36560.175

Xefatura de Unidade

FC

Vigo

26

17.900

García

Pastur

Román

53165434Z

A1

68

FC.A20.00.004.15770.010

Xefatura de Equipo

FC

Santiago de Compostela

25

13.600

Grande

Maside

Paula

32842228E

A2

10

FC.A29.10.000.27001.076

Xefatura de Equipo

FC

Lugo

25

17.140

Herrero

Romero

Roberto

76903817M

A2

29

FC.A29.10.000.36560.185

Xefatura de Equipo

FC

Vigo

25

12.100

López

García

Carlos

32427553Z

A2

45

FC.C03.00.010.15770.012

Xefatura Sección

FC

Santiago de Compostela

25

21.170

Manzanedo

Manzanedo

Ascensión

13099073K

A1

62

FC.C03.00.031.27001.005

Xefatura Sección

FC

Lugo

25

18.240

Moyano

Diéguez

Mariano

02192236Z

A1

56

FC.C03.00.030.15001.013

Xefatura Sección III

FC

A Coruña

25

23.290

Osorio

Ferreiro

Francisco José

34910608N

A2

32

FC.A29.10.000.36560.261

Xefatura de Equipo

FC

Vigo

25

23.550

Pagola

Quintana

María Jesús

27377252F

A1

55

FC.C03.00.030.15001.012

Xefatura Sección II

FC

A Coruña

25

23.900

Rodríguez

Diaz

Juan José

35312327J

A2

58

FC.C03.00.030.36001.011

Xefatura Sección

FC

Pontevedra

25

17.600

Rodríguez

Rama

Margarita

32409416R

A2

8

FC.A29.10.000.15001.168

Subxefatura Unidade de Inspección

FC

A Coruña

24

19.420

Sicre

Romero

María Ángeles

32669995J

A1

61

FC.C03.00.031.15350.005

Xefatura Sección

FC

Ferrol

25

15.840

Teijeiro

Pena

Susana

33316318J

A1

33

FC.C03.00.001.15770.007

Xefatura Sección

FC

Santiago de Compostela

25

10.650

Ventura

Rodríguez

Elías

34960288N

A2

57

FC.C03.00.030.32001.012

Xefatura Sección II

FC

Ourense

25

20.260

Vilas

Pazo

Ángela

76907047S

A2

30

FC.A29.10.000.36560.205

Xefatura de Equipo

FC

Vigo

25

6.200

ANEXO II

1º Apelido

2º Apelido

Nome

NIF

Subgr.

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Roel

Alonso

María del Sagrario

36073479A

A1

34

FC.C03.00.001.15770.008

Xefatura Sección

FC

Santiago de Compostela

25

Código de consellería: FC-Consellería de Facenda