Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27695

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

EDICTO do 23 de maio de 2018 polo que se sinalan as datas para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da obra de recuperación de marxes en Salvaterra de Miño, tramo río Miño-río Mendo.

Con data do 7 de agosto de 2012, o Pleno da Corporación do Concello de Salvaterra de Miño declarou de utilidade pública as obras que se recollen no proxecto de recuperación de marxes en Salvaterra de Miño, tramo río Miño-río Mendo, e a necesidade de proceder á expropiación dos bens e dereitos afectados.

Con data do 22 de marzo, a Xunta de Galicia declarou a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da obra de recuperación de marxes en Salvaterra de Miño, tramo río Miño-río Mendo, polo Decreto 36/2018, publicado no Diario Oficial de Galicia do 5 de abril de 2018.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este concello resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Salvaterra de Miño, para que comparezan no lugar, datas e horas que se detallan a continuación co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa da Cultura de Salvaterra de Miño.

Día 18 de xuño de 2018: horario das 9.00 ás 13.30. Desde a letra A ata Cruces González, Alejandro.

Día 19 de xuño de 2018: horario das 9.00 ás 13.30. Desde Cruces González, Fernando a González Suárez, Ramón.

Día 20 de xuño de 2018: horario das 9.00 ás 13.30. Desde Lago Domínguez, Ángel a Rodríguez González, Inés.

Día 21 de xuño de 2018: horario das 9.00 ás 13.30. Desde Rodríguez Rodríguez, Adan hasta letra Z.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no concello de Salvaterra de Miño.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, e poderán facerse acompañar ao seu cargo, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa, e do 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente edicto e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este concello as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, este concello resolveu tamén proceder a efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos con motivo das obras de referencia.

No mesmo acto ofertaranse aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O que se fai público, para xeral coñecemento, e advírteselles aos interesados que o pagamento se fará precisamente aos que figuren como donos da cousa ou titulares do dereito expropiado. Non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial ou do Consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, e deberán identificarse co documento nacional de identidade.

Salvaterra de Miño, 23 de maio de 2018

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde presidente