Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27697

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de nomeamento de dous funcionarios para os postos de traballo de xefe de sección do Departamento de Informática.

De conformidade coas bases específicas publicadas no BOP da Coruña núm. 147, do 4 de agosto de 2017, e mediante anuncio publicado no DOG núm. 185, do 28 de setembro, convocouse o concurso para a provisión de dous postos de traballo do Departamento de Informática do Concello de Santiago de Compostela.

Mediante o Decreto da concelleira delegada de Economía, Facenda e Administración, do 18 de abril de 2018, resólvese a citada convocatoria nomeando os funcionarios que se indican no anexo, que deberán tomar posesión do posto adxudicado de conformidade co establecido na base oitava das bases específicas e no artigo 48 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 28.6.2017)
María Rozas Pérez
Concelleira delegada de Economía, Facenda e Administración

ANEXO

Nome e apelidos: Daniel Castro Iglesias. Corpo ou escala: Administración especial. Grupo A e subgrupo A2. Posto de traballo: xefe da Sección de Aplicacións de Xestión e Administración Electrónica (código do posto 1620F2224).

Nome e apelidos: Fernando Suárez Lorenzo. Corpo ou escala: Administración especial. Grupo A e subgrupo A2. Posto de traballo: xefe da Sección de Sistemas e Comunicacións (código do posto 1610F2224).