Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27423

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

DECRETO 58/2018, do 18 de maio, polo que se aproba o cambio de titularidade da estrada municipal Mesón Novo-Chao de Vaga (018-001) a prol da Deputación Provincial de Lugo e o cambio de titularidade a prol do Concello da Fonsagrada das estradas de titularidade provincial LU-P-1905 e LU-P-1902.

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Pleno da Corporación da Fonsagrada o día 17 de novembro de 2016 solicitou á Deputación Provincial de Lugo o cambio de titularidade da estrada de titularidade municipal Mesón Novo-Chao de Vaga (018-001), cunha lonxitude de 12.287 metros nos treitos do itinerario entre o p.q. 0+000/5+198; entre o p.q. 6+073/6+822; e entre o p.q. 7+670/14+413 polas estradas de titularidade provincial LU-P-1905, estrada de Vilardíaz a Carballido, entre o p.q. 0+000 e p.q. 8+923 e da estrada LU-P-1902, de Barbeitos á Allonquiña, entre o p.q. 0+00 e p.q. 2+909.

O Pleno da Deputación Provincial de Lugo levado a cabo o día 30 de maio de 2017 considera que a estrada LU-P-1902, de Barbeitos á Allonquiña, entre os p.q. 0+000 (orixe na vía autonómica LU-703) e final no p.q. 2+909 cunha lonxitude total de 3.169 metros (2.909 m de itinerario principal e 260 m dun ramal á LU-701) e a estrada LU-P-1905, de Vilardíaz a Carballido, entre o p.q. 0+000 (orixe na vía autonómica LU-740) e final no p.q. 8+923 cunha lonxitude total de 8.923 metros, discorren na súa totalidade polo termo municipal da Fonsagrada e son susceptibles de transferir ao concello.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de maio de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade a prol do Concello da Fonsagrada:

– Estrada LU-P-1902, de Barbeitos á Allonquiña, entre os p.q. 0+000 (orixe na vía autonómica LU-703) e final no p.q. 2+909 cunha lonxitude total de 3.169 metros (2.909 m de itinerario principal e 260 m dun ramal á LU-701).

– Estrada LU-P-1905, de Vilardíaz a Carballido, entre o p.q. 0+000 (orixe na vía autonómica LU-740) e final no p.q. 8+923 cunha lonxitude total de 8.923 metros.

Apróbase o cambio de titularidade a prol da Deputación Provincial de Lugo:

– Mesón Novo-Chao de Vaga (018-001), cunha lonxitude de 12.287 metros nos treitos do itinerario entre o p.q. 0+000/5+198; entre o p.q. 6+073/6+822; e entre o p.q. 7+670/14+413.

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello da Fonsagrada e a Deputación Provincial de Lugo deberán modificar os seu catálogos de estradas para incluír os cambios de titularidade a que se refire o presente decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre concello e deputación.

Artigo 4

Corresponderalles ao Concello da Fonsagrada e á Deputación Provincial de Lugo, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de maio de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda