De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, para ser notificada por comparecencia.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso correspondente ao seu domicilio ou ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, por ser a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2018
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal
ANEXO
Expediente: MON-LU-0012/2015-CAF.
Interesada: Evangelina Corral Lorenzo.
Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.