De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, os interesados poderán comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2018
Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Interesados |
Acto que se notifica |
Zona de concentración parcelaria |
José Conde Ferreiro |
Resolución |
Parada II (Ordes-A Coruña) |
Carmen del Valle Domeq |
Resolución |
Parada II (Ordes-A Coruña) |