O secretario xeral técnico ditou a resolución do recurso presentado no expediente sancionador número RA/M/2017/00263 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa interesada.
Infórmaselle que o expediente sancionador se atopa á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).
Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberá pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobro pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 101 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2018
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda
ANEXO
Expediente Número recurso Matrícula |
Recorrente |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto infrinxido |
Sanción imposta |
Resolución do recurso |
LU-00887-O-2014 RA/M/2017/00263 9159-BRT |
Transportes y Almacenamientos Narón, S.L. |
Transporte de mercadorías desde Narón ata Avilés tendo feito unha manipulación do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos, co obxecto de alterar o seu funcionamento ou modificar as súas medicións. Manipulación consistente en forzar o estilete encargado de rexistrar a velocidade, da súa posición natural, iniciando rexistro de velocidade por debaixo do Km 0, existindo unha diferenza en rexistros de velocidade de entre 12 e 15 km/hora. Achégase como proba disco diagrama tacógrafo de data do día, que leva instalado en aparato de control no momento de denuncia. 18.3.2014; 16.45; A-8; 574,00 |
Art. 140.10 LOTT |
4.001,00 € |
Desestimatoria, confirmando a sanción imposta |