O día 6 de abril de 2018 a persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Lugo ditou unha resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, relativa ao procedemento de cancelación conxunta no mencionado rexistro, expediente LU-2011/0201.
Non foi posible notificar persoalmente a dita resolución á persoa interesada, cuxos datos figuran no anexo a este anuncio. Polo tanto, consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), realízase esa notificación mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, así como no Diario Oficial de Galicia.
O texto íntegro do acto que se notifica, así como o resto do expediente, encóntrase á disposición da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición do recurso, a resolución devirá firme.
Lugo, 25 de abril de 2018
José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Procedemento: cancelación conxunta no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (PR212B).
Número de expediente: LU-2011/0201.
Persoa interesada: Mónica Cajide Loureiro.
Acto que se notifica: resolución de cancelación da inscrición.