Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 26961

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade á aprobación de unidades de admisión e á súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

A publicación do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, incorpora á nosa lexislación nacional a Directiva 1999/105/CE do Consello, do 22 de decembro de 1999, sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución que refunde e actualiza toda a normativa anterior para o efecto.

No punto 1 do artigo 3 do Real decreto 289/2003, antes mencionado, establécese que para a produción de materiais forestais de reprodución destinados á comercialización utilizaranse unicamente materiais de base autorizados.

O punto 2 do mesmo artigo di que os materiais de base só poderán obter a condición de autorizados se garanten as exixencias establecidas nos anexos II, III, IV ou V, segundo se trate da produción de materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados ou controlados, respectivamente, e se están referidos a unha unidade denominada unidade de admisión, que estará identificada mediante unha única referencia no correspondente rexistro.

Así mesmo, o punto 3 do mesmo artigo indica que a autorización dos materiais de base para a produción dos materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados e controlados, efectuaraa o órgano competente da respectiva Comunidade Autónoma, que en Galicia é a Consellería do Medio Rural, quen comunicará os ditos materiais de base á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural, para o seu traslado á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

O artigo 3 do Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, recolle que se deberá solicitar autorización dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución para a súa comercialización con destino á selvicultura, á Dirección Xeral de Ordenación Forestal, como órgano competente da Administración da comunidade autónoma nesta materia, quen resolverá de acordo co artigo 4 do mencionado decreto.

Segundo o artigo 1.3 do Decreto 135/2004 a Dirección Xeral de Ordenación Forestal procederá á inscrición do material de base autorizado no Rexistro Galego de Materiais de Base.

En consecuencia, realizada a comprobación do cumprimento dos requisitos mínimos para a autorización dos materiais de base destinados á produción de materiais de reprodución das categorías identificada e seleccionada, conforme o disposto nos anexos II e III, respectivamente, do Real decreto 289/2003, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia e demais normativa aplicable, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal mediante a Resolución do 12 de abril de 2018 procedeu á autorización: dunha fonte sementeira de Acer pseudoplatanus da categoría material identificado; dunha fonte sementeira de Alnus glutinosa da categoría material identificado; dunha fonte sementeira de Betula celtiberica da categoría material identificado; dunha fonte sementeira de Ilex aquifolium da categoría material identificado; dunha mouteira selecta de Pinus radiata da categoría material seleccionado e dunha mouteira selecta de Quercus rubra da categoría material seleccionado, no territorio da Comunidade de Galicia que aparecen relacionados no anexo desta orde, así como á súa inscrición no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Especie: Acer pseudoplatanus L.

Nº REX.

CÓDIGO

GALEGO

CÓDIGO

ESTATAL

LOCALIZACIÓN

PERTENZA

PROVINCIA

CONCELLO

LONXITUDE

LATITUDE

ALT. (m)

SUP. (ha)

CAT. MFR

TIPO MB

AUTENTI-CIDADE

MB

207

ES/15/aps/1/03/1/1/2

FS-576/03/15/001

Fraga Novil-Ribadeume

Particular

A Coruña

As Pontes de García Rodríguez

7º52´21,87´´O

43º25´19,17´´N

330-350

0,62

I

FS

Autóctono

Especie: Alnus glutinosa Gaertn.

Nº REX.

CÓDIGO

GALEGO

CÓDIGO

ESTATAL

LOCALIZACIÓN

PERTENZA

PROVINCIA

CONCELLO

LONXITUDE

LATITUDE

ALT. (m)

SUP. (ha)

CAT. MFR

TIPO MB

AUTENTI-CIDADE

MB

208

ES/15/agl/1/03/1/1/2

FS-54/03/15/001

Fraga Novil-Ribadeume

Particular

A Coruña

As Pontes de García Rodríguez

7º52´23,08´´O

43º25´18,86´´N

330-350

1,20

I

FS

Autóctono

Especie: Betula pubescens Ehrh. Subesp. celtiberica

Nº REX.

CÓDIGO

GALEGO

CÓDIGO

ESTATAL

LOCALIZACIÓN

PERTENZA

PROVINCIA

CONCELLO

LONXITUDE

LATITUDE

ALT. (m)

SUP. (ha)

CAT. MFR

TIPO MB

AUTENTI-CIDADE

MB

209

ES/15/bpu/1/03/1/1/2

FS-273/03/15/001

Casa da Bouza-O Freixo

Particular

A Coruña

As Pontes de García Rodríguez

7º46´25,76´´O

43º32´22,54´´N

420

2,60

I

FS

Autóctono

Especie: Ilex aquifolium L.

Nº REX.

CÓDIGO

GALEGO

CÓDIGO

ESTATAL

LOCALIZACIÓN

PERTENZA

PROVINCIA

CONCELLO

LONXITUDE

LATITUDE

ALT. (m)

SUP (ha)

CAT. MFR

TIPO MB

AUTENTI-CIDADE

MB

210

ES/15/iaq/1/01/1/1/2

FS-65/01/15/001

Fraga de Raño

CMVMC Veríns

A Coruña

Irixoa

7º59´33,31´´O

43º16´34,62´´N

1.400 1.650

6,51

I

FS

Autóctono

Especie: Pinus radiata D. Don.

Nº REX.

CÓDIGO

GALEGO

CÓDIGO

ESTATAL

LOCALIZACIÓN

PERTENZA

PROVINCIA

CONCELLO

LONXITUDE

LATITUDE

ALT. (m)

SUP. (ha)

CAT. MFR

TIPO MB

AUTENTI-CIDADE

MB

211

ES/15/para/2/01/2/2/2

RS-28/01/15/001

Fraga de Raño

CMVMC Veríns

A Coruña

Irixoa

7º59´45,47´´O

43º17´7,08´´N

510

0,90

S

RS

Autóctono

Especie: Quercus rubra L.

Nº REX.

CÓDIGO

GALEGO

CÓDIGO

ESTATAL

LOCALIZACIÓN

PERTENZA

PROVINCIA

CONCELLO

LONXITUDE

LATITUDE

ALT. (m)

SUP. (ha)

CAT. MFR

TIPO MB

AUTENTI-CIDADE

MB

212

ES/15/qru/2/01/2/2/2

RS-48/01/15/001

Pazo de Orto

Particular

A Coruña

Abegondo

8º17´11,08´´O

43º16´42,93´´N

40

1,50

S

RS

Non Autóctono

Nº REX: número de rexistro.

ALT.: altitude.

SUP: superficie.

CAT: categoría.

MFR: material forestal de reprodución.

MB: material de base.

I: material identificado.

S: material seleccionado.

FS: fonte sementeira.

S: mouteira selecta.