Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 26965

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproba o censo provisional de embarcacións autorizadas a faenar na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos.

Antecedentes.

1. O 14 de marzo de 2018 publicouse, no Diario Oficial de Galicia, a Resolución do 28 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se abría o prazo de presentación de solicitudes para a inscrición de embarcacións no censo da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos.

Esta resolución establecía que o prazo de presentación de solicitudes sería dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, nela tamén se determinan os requisitos que deben cumprir as embarcacións para a súa inscrición no censo.

2. O día 22 de maio de 2018 reuniuse en sesión ordinaria o órgano de xestión, seguimento e control da reserva mariña (en diante, Oxesco), e figuraba dentro da orde do día emitir informe sobre as solicitudes recibidas para a inscrición no censo da reserva, entre outras cuestións.

Consideracións legais e técnicas.

1. O Decreto 87/2007, do 12 de abril, modificado polo Decreto 240/2008, do 2 de outubro, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos, establece, no seu artigo 7, as condicións de acceso á reserva, determinando que será necesario que as embarcacións estean inscritas nun censo específico para poder realizar as actividades seguintes:

a) A pesca marítima profesional coas artes e aparellos tradicionalmente utilizados na zona: anzois, nasas, enmalle, a pesca da centola con gancho, nas modalidades tradicionalmente autorizadas e de conformidade co establecido no plan de xestión integral.

b) A recollida de ourizo, navalla, poliquetos, anemones, percebe, peneira ou calquera outro recurso específico que se recolla no marco do plan de xestión integral.

c) A recollida de mexilla, que soamente se poderá realizar mediante acordo entre as confrarías de pescadores do ámbito da reserva mariña e os concesionarios de bateas ou liñas de cultivo.

2. A Orde do 27 de novembro de 2007 pola que se regula o uso e xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos, modificada pola Orde do 26 de febreiro de 2009, define no seu artigo 3 o procedemento que se seguirá para a elaboración do censo de embarcacións autorizadas.

3. O artigo 8 do Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, atribúelle á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica a dirección e a coordinación das competencias e funcións en materia de ordenación pesqueira en augas interiores, así como a conservación, protección e xestión sustentable dos recursos mariños.

4. O día 23 de maio de 2018, o Oxesco emite informe respecto das solicitudes presentadas para a inscrición de embarcacións no censo da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos, logo das deliberacións e consideracións feitas na reunión do órgano do día 22 de maio de 2018.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o censo provisional de embarcacións autorizadas para faenar na reserva mariña de interese pesqueiro, que figura como anexo I a esta resolución.

Segundo. Excluír do censo provisional a relación de embarcacións relacionadas no anexo II desta resolución e polos motivos que nel se indican.

Contra os acordos desta resolución as persoas interesadas poderán formular, ante a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, cantas alegacións consideren oportunas durante un prazo de quince (15) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO I

Censo provisional de embarcacións autorizadas para faenar
na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos

Nome da embarcación

Matrícula e folio

Código

Porto base

1

A Charca

3a-CO-5-3-17

58957

Fisterra

2

Ahí Va

3a-CO-5-1246

50587

Fisterra

3

Ana

3a-VILL-3-9991

53260

Fisterra

4

Ana Sara

3a-FE-3-1-05

26545

Corcubión

5

Aquila Primero

3a-VILL-5-2-99

57913

Fisterra

6

Aquiles Número Dos

3a-CO-6-1-13

27523

Muros

7

Axexo Primero

3a-CO-7-8-92

22869

Noia

8

Ayenka

3a-CO-4-1368

57540

Corcubión

9

Bajeriñas de Nylon

3a-CO-4-4-05

58374

Lira

10

Benigno

3a-CO-5-1931

13501

Lira

11

Bismarck Un

3a-CO-7-3-03

26089

Noia

12

Brinca

3a-VILL-3-9439

52131

Fisterra

13

Calima

3a-CO-7-3-12

27511

Noia

14

Carmen

3a-VILL-1-3403

57400

Fisterra

15

Celso Un

3a-VI-3-5-06

27090

Fisterra

16

Cuatro Hermanos

3a-CO-4-318

11315

Lira

17

Chori

3a-VI-6-1-04

26078

Fisterra

18

Dichoso

3a-CO-6-2-97

23682

Lira

19

Dosil

3a-CO-5-1910

56712

Lira

20

Enrique Primero

3a-CO-2-3840

56419

Noia

21

Eva

3a-VI-4-5539

13560

Lira

22

Faro

3a-VILL-1-4295

20001

Porto do Son

23

Fernando

3a-CO-4-1088

54503

Fisterra

24

Illa Lobeira

3a-CO-5-1-95

23235

Corcubión

25

Isaura Dous

3a-CO-5-2-07

58623

Fisterra

26

Javi

3a-CO-5-2029

56707

Corcubión

27

Juana del Mar

3a-CO-6-3-97

23739

Muros

28

Limanda

3a-CO-7-7-98

24166

Noia

29

Los Pepes Uno

3a-CO-6-1-04

58291

Lira

30

Madre Adriana

3a-CO-5-01-17

27780

Corcubión

31

Madre Amelia

3a-CO-5-4-98

23992

Muros

32

Madre Antonia

3a-FE-3-1909

14239

Muros

33

María

3a-CO-6-2222

55359

Noia

34

Mar-Iván

3a-FE-3-2-91

2230

Muros

35

Maresco Tres

3a-FE-4-4-08

27253

A Guarda

36

Mari Nieves

3a-CO-5-2-95

23139

Lira

37

María Jesús

3a-CO-4-1493

57706

Fisterra

38

María Rosa Dos

3a-CO-6-3-94

23119

Muros

39

Mariñeiro Dos

3a-5-4-91

22144

Fisterra

40

Milena

3a-CO-7-3182

55469

Porto do Son

41

Millans

3a-CO-7-311

55423

Porto do Son

42

Mondelo Dos

3a-CO-6-1-94

22876

Muros

43

Naroa

3a-CO-3-4-05

58405

O Pindo

* 44

Nerviosa Dous

3a-CO-6-2197

8523

Muros

45

Noeta Primero

3a-CO-5-3-01

25098

Corcubión

46

Nueva Giralda

3a-CO-4-5-04

58279

Camelle

47

Nueva Pilar

3a-CO-6-1-91

22145

Lira

48

Nuevo Jormar

3a-CO-7-4-08

27249

Noia

49

Nuevo Montecristo

3a-CO-6-2-00

24768

Muros

50

Nuevo Verte

3a-CO-7-2-00

24552

Noia

51

O Arao

3a-CO-7-2-14

27585

Porto do Son

52

O Cuacho

3a-CO-6-1-05

58293

Lira

53

O Furadiño

3a-CO-5-1-13

27623

Corcubión

54

O Mariñeiro

3a-CO-6-2-91

22283

Lira

55

O Mariñeiro Dous

3a-CO-6-2-99

24527

Muros

56

O Mario

3a-VILL-4-2-00

24785

Fisterra

57

O Seixo

3a-CO-6-2-09

27337

Lira

58

Odala

3a-CO-6-6-05

26596

Fisterra

59

Outeiro

3a-CO-5-2-98

24096

Fisterra

60

Pedras da Area

3a-CO-5-2-96

23389

Lira

61

Pepita Consuelo

3a-CO-4-617

11312

Lira

62

Plaia da Virxe

3a-CO-6-2-04

26471

Muros

63

Porto Alegre

3a-CO-7-3515

55217

Lira

64

Praia do Rostro

3a-CO-2-11-05

26915

Fisterra

65

Punta Caldebarcos

3a-CO-6-1-99

24339

Muros

66

Punta dos Remedios

3a-CO-6-7-05

26539

Lira

67

Reflector

3a-CO-7-4-96

23550

Fisterra

68

Rixote

3a-VILL-3-3-00

24840

Fisterra

69

Ronsel Tres

3a-CO-3-2-06

58506

Lira

70

Salseiro

3a-CO-5-1997

56399

Fisterra

71

Segundo Brisa

3a-CO-5-1-11

58785

Corcubión

72

Segundo San Martín

3a-VILL-3-9184

11444

Laxe

73

Segundo Toro

3a-CO-5-02-92

25612

Corcubión

74

Segundo Víctor

3a-VILL-3-6-97

57758

Fisterra

75

Sirena del Mar

3a-CO-4-1722

57624

Muxía

76

Sonai

3a-VI-3-8-95

23516

Lira

77

Soutelo

3a-VI-4-7-01

25123

Fisterra

78

Tadima

3a-VILL-3-2-06

26792

O Pindo

79

Talieira

3a-CO-5-1970

56406

Fisterra

80

Tina

3a-CO-5-1867

56417

Fisterra

81

Tres Gritos

3a-CO-5-1926

56418

Lira

82

Tres Hermanas

3a-CO-4-872

53572

Lira

83

Tres Hermanos

3a-CO-4-983

57453

Fisterra

84

Tres Hermanos

3a-CO-6-2095

55361

Lira

85

Tricha

3a-VILL-2-4866

57160

Fisterra

86

Tsunami

3a-CO-7-4-07

27007

Noia

87

Viber

3a-CO-6-1-15

58899

Lira

88

Viento y Calma

3a-CO-5-4-92

22461

Fisterra

89

Virxen das Areas

3a-CO-5-4-00

24863

Fisterra

90

Virxe do Carme

3a-CO-5-1-96

23432

Lira

91

Vista

3a-VILL-3-2-99

24346

Noia

92

Ximpron

3a-CO-5-3-98

24094

Corcubión

* A embarcación Nerviosa Dous (3a-CO-6-2197) está pendente de verificación da instalación do sistema de localización e das medidas estruturais da embarcación.

ANEXO II

Relación de embarcacións excluídas do censo provisional
da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos

Nome da embarcación

Matrícula e folio

Código

Porto base

Causa que motiva a non inclusión no censo provisional

Chopas

3a-CO-6-2-04

26471

Muros

Cambio de nome da embarcación

Juan Manuel

3a-CO-6-2197

8523

Lira

Cambio de nome e de porto base

Mañón

3a-CO-5-5-00

24757

O Pindo

Despezamento

PA

3a-VILL-3-9723

13810

Lira

Despezamento

Temerario

3a-CO-5-8-91

22492

Fisterra

Despezamento

Tiburón Dous

3a-CO-5-3-05

26389

Corcubión

Petición da persoa armadora