Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26859

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia

EDICTO (256/2016).

No procedemento de referencia ditouse sentenza na cal se acordou «estimar a demanda promovida por Faustino Filgueira Calvo, representado pola procuradora Elena Ramos Picallo e asistido polo letrado Juan Jesús Sánchez García, fronte á mercantil Innova Galicia, S.L., en situación de rebeldía procesual, e, en consecuencia, condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 4.907,95 €, máis os xuros xerados pola cantidade debida desde a data da interposición da demanda ata a data desta resolución. Así mesmo, a cantidade que ten que aboar a demandada ao demandante, se é o caso, xerará desde o ditado desta resolución xuros de demora procesual conforme o establecido no artigo 576 da LAC. Todo isto con expresa imposición das custas xeradas nesta instancia á parte demandada».

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Innova Galicia, S.L., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación e para a súa publicación, e fáiselle saber que pode interpoñer recurso de apelación, dentro dos 20 días seguintes ao da súa notificación perante este xulgado para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña, logo de consiganar o preceptivo depósito.

Noia, 24 de outubro de 2017

El/la letrado/a da Administración de xustiza