Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26858

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (582/2017).

Eu, M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza, con destino na Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, polo presente edicto fago constar que na peza de apelación 582/2017, dimanante do procedimento more uxorio 1064/2016, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, esta sección o 28 de setembro de 2017, ditou sentenza estimando o recurso de apelación promovido por Mónica L. O. contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, cuxo texto íntegro se atopa nesta secretaría a dispor dos interesados.

Contra a sentenza ditada en apelación cabe interpoñer recurso de casación para o caso de que se acredite interese casacional ou, se é o caso, extraordinario por infracción procesual, de acordo co establecido no artigo 477 da LAC, que se deberá interpoñer dentro dos vinte días hábiles seguintes ao da súa notificación, por medio de escrito con sinatura de avogado e procurador que se presentará ante esta sección.

Para que conste e para a súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación a Alejandro Fernando Bellver, cuxo domicilio se desconoce, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 9 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza