Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26486

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación do Plan de sectorización do sector FM II SUB/PRI na Feira do Monte.

Aprobado inicialmente mediante o Acordo do Pleno, do 21 de maio de 2018, o proxecto de expropiación do Plan de sectorización do sector FM II SUB/PRI, na Feira do Monte.

De conformidade cos artigos 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; e 201 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (http://concellodecospeito.sedelectronica.es/).

Cospeito, 22 de maio de 2018

Armando Castosa Alvariño
Alcalde presidente