Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 23 de maio de 2018 pola que se notifica resolución de finalización do procedemento administrativo sancionador con número de referencia 12-20-18-01.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Manuel Meis Cacabelos, con DNI 35455837A, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que o 8 de maio de 2018 o instrutor do procedemento emitiu resolución acordando a finalización do procedemento administrativo sancionador de referencia 12-20-18-01.

A resolución emitida polo instrutor ao abeiro do establecido no artigo 89 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e acorda na súa parte dispositiva dar por finalizado o procedemento de referencia e dar traslado á Dirección da entidade pública coa finalidade de emitir novos acordos de iniciación ampliando o elenco de posibles responsables.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor xefe da División Xurídica de Portos de Galicia