Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26487

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente de expropiación de parte dunha parcela na rúa Corredoira das Viñas, en Perillo.

Mediante a Resolución desta Alcaldía nº 1968, do 15 de maio de 2018, acordouse aprobar inicialmente o expediente de expropiación de parte da parcela catastral que a continuación se relaciona e que se encontra afectada por sistema viario: 67,50 m2 da parcela catastral nº 0783504NH5908S e garaxe en planta baixa vinculado a vivenda unifamiliar, incurso en fóra de ordenación, na rúa Corredoira das Viñas, en Perillo.

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 21 de maio de 2018

Ángel García Seoane
Alcalde presidente