Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26426

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (750/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 750/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Valeria López Amado contra Dublin Rockafe, S.L., con intervención do Fogasa sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento nº 750/2017.

Demandante: María Valeria López Amado.

Letrado: Sr. Pérez López

Demandado: Dublin Rockcafe, S.L.

Sentenza nº 103/18

A Coruña, 6 de febreiro de 2018

Parte dispositiva.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Valeria López Amado fronte á empresa Dublin Rockcafe, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección desta, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta parte dispositiva. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercitarse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que hai que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 476,62 €.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 21,66 euros €/día.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Dublin Ropckafe, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza