Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26209

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 80/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 80/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aaron Boquete López contra Moldsan, S.L.U. e o Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2018

Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da Sentenza 55/2017, do 1 de febreiro, ditada no procedemento PO 220/2014, a favor da parte executante, Aaron Boquete López, fronte a Moldsan, S.L.U. e o Fogasa parte executada, por importe de 9.193,99 euros en concepto de principal (6.912,63 en concepto de salarios e pagas extra, 2.081,36 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior, e 200 euros en concepto de honorarios de letrado) máis outros 919,39 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que poida incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación e as débedas non serán admisibles como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2018

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Moldsan, S.L.U., dar audiencia previa á parte demandante Aaron Boquete López e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de 15 días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Moldsan, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza