Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26205

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 848/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento Seguridade Social 848/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcial Dasilva Estévez contra Isla Vionta, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Instituto Nacional da Seguridade Social, se ditou a sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estímase parcialmente a demanda presentada pola parte demandante fronte ao INSS, TXSS e Isla Vionta, S.L. e declárase que a parte demandante está afecta de invalidez permanente en grao total cunha base reguladora de 2.009,56 euros, 75 %, con dereito ás melloras e revalorizacións legais, con efectos económicos desde o 30 de xullo de 2014, e, polo tanto, o INSS debe anticipar a totalidade do importe debido e reclamado, sen prexuízo do seu dereito a repetir contra a empresa codemandada. Todo isto cos xuros legais.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución e para isto abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Isla Vionta, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto, decreto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza