Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26206

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 987/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 987/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Antonio Doallo Pesado contra Hermanos Seoane, S.L. e o Servizo Público de Emprego Estatal ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estímase a demanda interposta por Alejandro Antonio Doallo Pesado contra o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), recoñecendo o dereito do demandante á percepción das prestacións por desemprego recoñecidas en Resolución do 30 de setembro de 2014, descontando 180 días dos sinalados como consumidos na devandita resolución, con aplicación, en consecuencia, do 70 % da base reguladora diaria de 45,18 euros, no tramo correspondente, condenando o SEPE a avirse a esta resolución e ao aboamento da prestación correspondente.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste Xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza