Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 3 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no marco dun expediente tramitado por esta entidade (expediente 2016/184-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa citada no anexo a resolución ditada no marco do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado. A comparecencia realizarase nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o xulgado de primeira instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 3 de abril de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2016/184-36.

Interesada: Rubén Carrera Quinteiro.

DNI: 36160991T.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 23 de febreiro de 2018.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación de medida administrativa.