Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 12 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica resolución ditada no marco do expediente tramitado por esta entidade (expediente 2007/441-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo a resolución ditada no marco do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado. A comparecencia realizarase nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o xulgado de primeira instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 12 de abril de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2007/441-36.

Interesado: José Lorenzo Vila.

DNI: 36084160N.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 2 de marzo de 2018.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación de medida administrativa.