Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25787

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2018 pola que se publica a modificación do plan de estudos de máster universitario en Literatura, Cultura e Diversidade.

O plan de estudos da titulación de máster universitario en Literatura, Cultura e Diversidade pola Universidade da Coruña foi publicado por Resolución do 30 de maio de 2012 no Boletín Oficial del Estado, BOE do 20 de xuño, unha vez establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 24 de febreiro de 2012 (publicado no BOE do 26 de marzo por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 5 de marzo de 2012).

A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do dito máster que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se estableceu a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, dispón no artigo 28 o procedemento para a modificación de plans de estudo conducentes á obtención de títulos xa verificados.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Literatura, Cultura e Diversidade pola Universidade da Coruña coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2016/17.

A Coruña, 30 de abril de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario
en Literatura, Cultura e Diversidade pola Universidade da Coruña

Plan de estudos que se inicia no curso 2016/17 por modificación do anterior.

Código RUCT: 4312816.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Artes e Humanidades.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

27

Optativas (OP)…..……….………………………

21

Traballo fin de máster (TFM)………..…....……

12

Total……………………………………………….

60

3. Especialidades do título:

– Español.

Para obter esta especialidade cómpre elixir o módulo optativo Literatura e Cultura no Ámbito Hispánico.

– Galego-Portugués.

Para obter esta especialidade cómpre elixir o módulo optativo Literatura e Cultura no Ámbito Galego-Portugués.

4. Contido do plan de estudos.

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Teoría e Crítica nos Estudos Literarios e Culturais

Teoría e Crítica nos Estudos Literarios

OB

3

Novos Enfoques nos Estudos Literarios e Culturais

OB

3

Literatura, Cultura e Sociedade

OB

3

Tecnoloxías e Métodos para os Estudos Literarios e Culturais

Métodos e Técnicas para a Elaboración e Presentación de Traballos de Investigación

OB

3

Estudos do Libro e Edición

OB

3

Recursos para a Investigación da Literatura

OB

3

Literatura, Cultura e Arte

Literatura e Espectáculo

OB

3

Literatura e Arte

OB

3

Literatura e Medios de Comunicación

OB

3

Literatura e Cultura no Ámbito Hispánico

Tradicións Literarias e Culturais

OP

3

Literatura e Xénero (Ámbito Hispánico)

OP

3

A Literatura e o seu Contorno Sociocultural

OP

3

A Recepción da Literatura

OP

3

Literatura e outras Linguaxes Artísticas

OP

3

Vangardas e Literatura

OP

3

Tendencias da Literatura Actual

OP

3

Literatura e Cultura no Ámbito Galego-Portugués

Actualizacións das Tradicións Literarias e Culturais

OP

3

Literatura e Xénero (Ámbito Galego-Portugués)

OP

3

Literatura, Memoria e Historia

OP

3

Relacións Literarias e Culturais no Espazo Lingüístico Galego-Portugués

OP

3

Literatura, Cultura e Identidade

OP

3

Relacións Interartes

OP

3

Discursos Críticos e Procesos de Canonización

OP

3

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster

TFM

12

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral.

5. Condicións de terminación.

O alumnado deberá optar por unha das especialidades indicadas no punto 3 e superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Literatura, Cultura e Diversidade.