Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25784

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Importe achegado pola Axencia

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento da Cátedra Institucional de Hidroloxía Médica da USC, para as anualidades 2018, 2019, 2020 e 2021

160.000 €

15.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a celebración de Xantar, 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico

30.000 €

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para o impulso do asociacionismo no sector turístico de Galicia

33.000 €

23.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago para a mellora da atención aos peregrinos e visitantes

350.000 €

16.4.2018

Acordo marco de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Renfe Viajeros sociedad mercantil estatal, S.A. e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), para as anualidades 2018, 2019 e 2020

540.000 €

18.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Semana Verde de Galicia para o apoio á celebración de Turexpo Galicia 2018, VII Edición do Salón Turístico de Galicia

100.000 €

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

20.000 €

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento do título de máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos

20.000 €

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do máster universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde

20.000 €

22.2.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Lalín para a celebración da Feira do Cocido de Lalín

25.000 €

15.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Clube Praia de Pantín para a celebración da 31 edición do Circuíto Mundial da World Surf League (WSL) que se celebrará do 27 de agosto ao 2 de setembro do ano 2018

120.000 €

16.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o concello do Carballiño para a celebración da Festa do Polvo 2018

25.000 €

20.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas para a celebración das xornadas de portas abertas na Ruta do Viño de Rías Baixas, para as anualidades 2018, 2019, 2020 e 2021

46.000 €

23.4.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación da Ruta do Viño Valdeorras para a celebración das xornadas de portas abertas na Ruta do Viño de Valdeorras, para as anualidades 2018, 2019, 2020 e 2021

46.000 €

27.4.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación da Ruta do Viño do Ribeiro para a celebración das xornadas de portas abertas na Ruta do Viño do Ribeiro, para as anualidades 2018, 2019, 2020 e 2021

46.000 €

17.4.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación da Ruta do Viño da Ribeira Sacra para a celebración das xornadas de portas abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra, para as anualidades 2018, 2019, 2020 e 2021

46.000 €

26.4.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Cambados para a celebración da Festa do Viño Albariño 2018

25.000 €

27.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Melón para a realización do proxecto de urbanización de aparcamento público fase I

145.000 €

23.3.2018