Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25790

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2018 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético.

O máster universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, previo informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. Por Acordo do Consello de Ministros do 7 de outubro de 2016 estableceuse o carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) (publicado no Boletín Oficial del Estado, BOE do 26 de outubro, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 14 de outubro de 2016).

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 30 de abril de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudios conducente á obtención do título de máster universitario
en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4315731.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudios en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

30

Optativas (OP)…..……….………………………

24

Prácticas externas (PE)....................................

6

Traballo fin de máster (TFM)………..…....……

12

Total……………………………………………….

72

3. Contido do plan de estudos.

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Certificación de Eficiencia Enerxética

OB

6

Sistemas de Aproveitamento Solar

OB

6

Sistemas de Coxeración e Biomasa

OB

6

Política Enerxética e Análise de Investimentos

OB

6

Sistemas Eólicos

OB

6

Sistemas Renovables

OP

3

Metodoloxía da Investigación Científica

OP

3

Sistemas Eficientes de Iluminación

OP

3

Edificios de Emisións Nulas e Estratexias de Rehabilitación Eficiente

OP

3

Auditorías e Servizos Enerxéticos

OP

3

Propulsión Eléctrica

OP

3

Xeración Distribuída, Polixeración e Microrredes. Smartgrid

OP

3

Eficiencia nos Sistemas Eléctricos

OP

3

Calidade do Servizo Eléctrico

OP

3

Polímeros nun Desenvolvemento Enerxético Sustentable

OP

3

Enerxía, Cooperación e Sustentabilidade

OP

3

Aproveitamento Enerxético na Regasificación de GNL

OP

3

Instalacións Térmicas

OP

3

Sistemas de Almacenamento de Enerxía

OP

3

Avaliación e Optimización da Sustentabilidade de Sistemas Enerxéticos

OP

3

Técnicas de Análise e Modelado de Datos para a Eficiencia

OP

3

Prácticas en empresa

PE

6

Traballo fin de máster

TFM

12

O alumnado debe elixir 24 créditos optativos entre o total dos créditos optativos ofertados.

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral, a excepción do traballo fin de máster que ten carácter anual, existindo un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre, que deberá ser respectado no caso de producirse unha modificación da organización temporal das materias.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 72 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético.