Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25793

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2018 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde.

O máster universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, previo informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. Por Acordo do Consello de Ministros do 7 de outubro de 2016 estableceuse o carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) (publicado no Boletín Oficial del Estado, BOE do 26 de outubro, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 14 de outubro de 2016).

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 30 de abril de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario
en Bioinformática para Ciencias da Saúde pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4315703.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

48

Optativas (OP)…..……….………………………

30

Traballo fin de máster (TFM)………..…....……

12

Total……………………………………………….

90

3. Contido do plan de estudos.

1º curso.

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Optativo, en función do título de acceso (3 materias)

Introdución á Programación

OP

6

Introdución ás Bases de Datos

OP

6

Fundamentos de Intelixencia Artificial

OP

6

Introdución á Bioloxía Molecular

OP

6

Xenética e Evolución Molecular

OP

6

Xenómica

OP

6

Común

Probabilidade, Estatística e Elementos de Biomatemática

OB

6

Fundamentos de Bioinformática

OB

6

Métodos Estatísticos Avanzados en Bioinformática

OB

6

Análise de Imaxes Biomédicas

OB

6

Computación de Altas Prestacións en Bioinformática

OB

6

Intelixencia Computacional para Bioinformática

OB

6

Estruturas de Datos e Algoritmia para Secuencias Biolóxicas

OB

6

2º curso.

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Orientación 1: Bioinformática en Ciencias da Saúde

Enxeñaría Biomecánica, Sensorización e Telemedicina

OP

3

Fundamentos de Neurociencia

OP

3

Neuroenxeñaría e Innovación en Neurociencia

OP

3

Sistemas de Información Sanitaria

OP

3

Prácticas en Empresa

OP

3

Orientación 2: TIC en Bioinformática

Visualización Médica Avanzada

OP

3

Procesamento Avanzado de Secuencias Biolóxicas

OP

3

Aplicacións e Tendencias en Bioinformática e Enxeñaría Biomédica

OP

3

Xestión do Coñecemento Biomédico

OP

3

Prácticas en Empresa

OP

3

Común

Deseño e Xestión de Proxectos de Investigación

OB

3

Intelixencia Computacional para Datos de Alta Dimensionalidade

OB

3

Traballo fin de máster

TFM

12

Do módulo optativo en función do título de acceso é necesario realizar 18 créditos dos 36 ofertados, para o que a comisión do máster recomendaralle ao alumnado, dependendo do título de procedencia, cursar 3 determinadas materias.

O máster consta de dúas orientacións que se deben entender como dúas posibles vías formativas. O alumnado pode elixir unha desas orientacións e realizar 4 das 5 materias optativas que se ofertan por orientación, ou ben realizar unha opción mixta en que o alumnado ten que escoller 4 materias das 9 optativas que se ofertan entre as dúas orientacións (hai unha materia optativa común ás dúas orientacións).

Os 12 créditos optativos correspondentes ás 4 materias citadas no parágrafo anterior, xunto cos 18 créditos do módulo optativo en función do título de acceso sumarán os 30 créditos optativos necesarios neste máster para obter o título.

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e existe un equilibrio de créditos entre cuadrimestres, que deberá ser respectado no caso de producirse unha modificación da organización temporal das materias.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 90 créditos ECTS, distribuídos como se indica nos puntos 2 e 3, para obter o título de máster universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde.