Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25796

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2018 pola que se publican dúas modificacións do plan de estudos de máster universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial.

O plan de estudos da titulación de máster universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial pola Universidade da Coruña foi publicado por Resolución do 27 de decembro de 2011 no Boletín Oficial del Estado, BOE do 18 de xaneiro de 2012, unha vez establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

A Universidade da Coruña presentou dúas solicitudes de modificación do plan de estudos do dito máster, unha para inicio no curso 2012/13 e outra para inicio no curso 2016/17, que obtiveron o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, dispón no artigo 28 o procedemento para a modificación de plans de estudo conducentes á obtención de títulos xa verificados.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial pola Universidade da Coruña coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 30 de abril de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario
en Asesoramento Xurídico Empresarial pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4311050.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

Plan de estudos que se inicia no curso 2016/17 por modificación do anterior.

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

42

Optativas (OP)…..……….………………………

18

Prácticas externas (PE)………..…............……

18

Traballo fin de máster (TFM)............................

12

Total……………………………………………….

90

3. Especialidades do título:

– Dereito Inmobiliario e da Construción.

– Dereito Ambiental.

– Dereito Urbanístico.

4. Contido do plan de estudos.

1º curso.

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Introdución ao Asesoramento da Empresa

Liberdade de Empresa: Organización Xurídica da Empresa. O Empresariado

OB

6

Organización Contable-fiscal da Empresa

OB

6

Os Dereitos Fundamentais nas Organizacións Empresariais

OB

6

Contratación Mercantil, Pública e Internacional

Contratos Privados

OB

6

Contratos Públicos

OB

3

Ilícitos Penais, Administrativos e Laborais

Ilícitos Penais, Administrativos e Laborais

OB

6

Resolución de Conflitos da Empresa

Resolución de Conflitos da Empresa

OB

6

Metodoloxía

Metodoloxía

OB

3

Especialidade: Dereito Inmobiliario e da Construción

Dereito Inmobiliario e da Construción I

OP

6

Dereito Inmobiliario e da Construción II

OP

6

Dereito Inmobiliario e da Construción III

OP

6

Especialidade: Dereito Ambiental

Introdución ao Dereito Ambiental e ás Técnicas de Protección Ambiental

OP

6

Análise das Técnicas de Protección Ambiental

OP

6

Lexislación Sectorial e Clínica Ambiental

OP

6

Especialidade: Dereito Urbanístico

Dereito Urbanístico I

OP

6

Dereito Urbanístico II

OP

6

Dereito Urbanístico III

OP

6

2º curso.

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Prácticas externas

Prácticas externas

PE

18

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster

TFM

12

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral.

5. Condicións de terminación.

O alumnado deberá elixir unha especialidade e superar 90 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial.

Plan de estudos que se inicia no curso 2012/13 por modificación do anterior

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

39

Optativas (OP)…..……….………………………

15

Prácticas externas (PE)………..…............……

30

Traballo fin de máster (TFM)............................

6

Total……………………………………………….

90

3. Especialidades do título:

– Dereito Inmobiliario e da Construción.

– Dereito Urbanístico.

– Dereito Ambiental.

4. Contido do plan de estudos.

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Introdución ao Asesoramento Legal da Empresa

OB

15

Contratación

OB

10

Ilícitos

OB

5

Resolución de Conflitos

OB

5

Módulo Metodolóxico

OB

4

Especialidade: Dereito Inmobiliario e da Construción

OP

15

Especialidade: Dereito Urbanístico

OP

15

Especialidade: Dereito Ambiental

OP

15

Prácticas externas

PE

30

Traballo fin de máster

TFM

6

5. Condicións de terminación.

O alumnado deberá elixir unha especialidade e superar 90 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial.