Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 25 de abril de 2018, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00246-O-2018 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-00246-O-2018 e de catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 25 de abril de 2018

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción proposta

PO-00246-O-2018

4442-HHM

Tamara Jabasini Cañizares

47528206V

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

26.10.2017; 18.38; N-550; 145,0

Art. 142.8 da LOTT

Art. 143.1.b)
da LOTT

201 euros

PO-00628-S-2018

1130BPH

Diego José Glez. Larrañaga

36095543X

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

24.11.2017; 10.30; avda. Madrid con rúa Gandarón

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-00740-O-2018

1618-FZY

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

22.11.2017; 09.05; A-55; 1,3

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-00741-O-2018

0061-BRD

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

27.11.2017; 13.37; PO-511; 0,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-01883-O-2017

PO-7005-AX

Óscar Alonso Bastos

76996726V

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

10.4.2017; 20.13; A-55; 18,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros