Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2018/001-1 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non interpoñeren o recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 8 de maio de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2018/0001-1.

Acta inf. nº: I152017000134240.

Empresa: Newlook Investment, S.L.

NIF: B70477682.

Concello: A Coruña.

Materia: seguridade e saúde.

Data resolución: 26.3.2018.

2. Expediente: RL 2018/0052-1.

Acta inf. nº: I152017000135149.

Empresa: Diego Salazar Hernández.

NIF: 53614557Q.

Concello: Cambre.

Materia: seguridade e saúde.

Data resolución: 10.4.2018.

3. Expediente: RL 2018/0058-1.

Acta inf. nº: I152017000139088.

Empresa: Gestio Illahotels, S.L.

NIF: B66748526.

Concello: Ribeira.

Materia: relacións laborais.

Data resolución: 10.4.2018.

4. Expediente: RL 2018/0075-1.

Acta inf. nº: I152017000146263.

Empresa: Raquel Armesto Rodríguez.

NIF: 32841566G.

Concello: Oleiros.

Materia: relacións laborais.

Data resolución: 26.4.2018.