Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro do expediente da subvención á contratación indefinida inicial de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (expediente TR349I 2015/11-1).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ao titular da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o acordo do inicio do procedemento de reintegro no correspondente expediente de subvención.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A interesada dispón do prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para que poida realizar as alegacións e presentar a documentación que considere pertinente, entre a cal debe constar unha relación da variación das altas e baixas do persoal adscrito, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non presentar alegacións en tempo e forma, se ditará a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

A Coruña, 7 de maio de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: TR349I 2015/11-1.

Empresa: Zippy Ocio y Formación, S.L.

NIF: B70450861.

Concello: Ferrol.

Materia: subvención á contratación indefinida inicial.

Data da resolución: 12.3.2018.