Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo para a redacción do proxecto básico e de execución para a construción do novo CEIP Sagrado Corazón de Lugo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01.

missing image file

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou dar publicidade da formalización do seguinte contrato de servizos:

1. Servizo de redacción do proxecto básico y de execución para a construción do novo CEIP Sagrado Corazón, expediente ED 1/17-SRP.

1.1. Adxudicatario: UTE Estefanía Vázquez Müller-Roi Feijóo Rey.

1.2. Importe de adxudicación: 41.470,00 € (IVE excluído). O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01.

1.3. Data de adxudicación: 6 de abril de 2018.

1.4. Data de formalización do contrato: 4 de maio de 2018.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria