Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25629

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 64/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 64/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Aránzazu Rey Lois contra Fondo de Garantía Salarial, Forensic Solutions, S.L.P. administrador concursal, Esabe Vigilancia, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza nº 202/2018.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como procedemento ordinario PO (en materia de prestacións de garantía salarial ex indemnización por despedimento) baixo o número 64/2017, en que é parte demandante Arancha Rey Lois, asistida pola letrada Sra. Garrido Zalaya, e son partes codemandadas o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), asistido pola letrada do Fogasa Sra. Díaz del Curral, a mercantil Esabe Vigilancia, S.A., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos, e o administrador da citada mercantil na persoa xurídica de Forensic Solutions, S.L.P., que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar igualmente citado en legal forma e tempo en unidade de autos, en nome do rei, dito esta sentenza con base nos seguintes

Resolvo:

Que debo estimar parcialmente e estimo parcialmente a demanda presentada por Arancha Rey Lois, asistida pola letrada Sra. Garrido Zalaya, fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), asistido pola letrada do Fogasa Sra. Díaz del Curral, fronte á mercantil Esabe Vigilancia, S.A. e fronte ao administrador concursal desta, a persoa xurídica Forensic Solutions, S.L.P. e, en consecuencia, debo condenar e condeno o Fondo de Garantía Salarial a aboar a favor da demandante, Arancha Rey Lois, a cantidade de 835,11 euros en concepto de cantidades salariais e nos termos indicados no suplico do escrito de demanda reitor. As partes codemandadas deberanse ater a tal declaración de condena.

Notifíquese esta sentenza ás partes comparecidas e fágaselles saber que é firme e que contra ela non cabe interpoñer recurso ordinario ningún, de acordo co disposto no artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o pronuncia, manda e asina.

A xuíza substituta.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza