Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25626

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 61/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 61/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Teixeira Camean contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, dous de maio de dous mil dezaoito

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza 570/2017, de data 15 de decembro de 2017, ditada no procedemento ordinario 799/2015 a favor da parte executante, Alejandro Teixeira Camean, fronte a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Fogasa, parte executada, por importe de 9.357,18 euros en concepto de principal (7.659,50 euros en concepto de horas de presenza, horas extras, axudas, complemento de domingos e festivos, 1.697,68 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 935,71 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a xuíza. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, dous de maio de dous mil dezaoito

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 9.357,18 euros en concepto de principal (7.659,50 euros en concepto de horas de presenza, horas extras, axudas, complemento de domingos e festivos, 1.697,68 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 935,71 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación. Ingresará o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0061 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se embargarán os seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación deste a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionada, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza