Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2018 Páx. 25150

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da aprobación definitiva de estudo de detalle (expediente 2017/X999/001250).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 30 de abril de 2018, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle que ten como obxectivos a ordenación de volumes así como completar ou reaxustar as rasantes e as condicións de integración da edificación no seu contorno na parcela E4.1-E3 da rúa Madeira do parque empresarial de Bértoa, en Carballo, promovido pola entidade mercantil Casas Cube, S.L. O documento aprobado poderase consultar na seguinte páxina web:

http://www.carballo.org/novas.php?id=5883&idioma=gl&sec=32

Así mesmo, faise constar que foi remitido o documento do estudo de detalle, debidamente dilixenciado (en soporte papel e dixital), á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, segundo o disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 212.2 do Regulamento da citada lei.

Carballo, 8 de maio de 2018

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde