Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2018 Páx. 25151

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2018.

A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión ordinaria levada a cabo o día 5 de abril de 2018, aprobou, entre outros acordos, o que a continuación se transcribe en relación coa oferta de emprego público do presente ano:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2018, que contén os seguintes postos de traballo:

Persoal laboral fixo:

Grupo equivalente

Nº de prazas

Denominación

AP

6

Peóns de limpeza viaria e roza forestal

Segundo. Así mesmo, acordou a súa publicación no taboleiro de anuncios deste concello, na páxina web municipal e no Diario Oficial de Galicia.

O Rosal, 16 de abril de 2018

Mª del Carmen Alonso Alonso
Alcaldesa