Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2018 Páx. 25149

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de aprobación da convocatoria de bolsas a deportistas individuais.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 19 de abril de 2018, acordouse:

Primeiro. Aprobar a convocatoria pública de bolsas a deportistas individuais do concello de Abegondo, ano 2018, con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000.

Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.

Segundo. Publicar a convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web, na sede electrónica do Concello e na Base de datos nacional de subvencións.

Abegondo, 23 de abril de 2018

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde