Ante a imposibilidade da notificación persoal nos termos establecidos no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e o lugar de comparecencia será na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuaren a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 27 de abril de 2018
Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Persoas interesadas |
DNI/NIE/NIF |
Acto obxecto da notificación |
Herdeiros de Manuela Gendre Souto |
... 400A |
Resolución pola cal se acorda resolver o contrato de arrendamento dunha vivenda de promoción pública e comunicación do prazo para a retirada de mobles, que se considerarán abandonados se non son retirados (expediente C-82/040, cta. 53). |