Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2018 Páx. 25048

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2018 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2018.

De acordo co previsto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), onde se establece que os organismos autónomos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior e, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2018, que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2018

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares de alumnos do grao en Xeografía e do máster en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial.

21.2.2018

0 €