Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2018 Páx. 25049

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2018 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos, referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2018

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data
da sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco) para a divulgación das axudas en materia de vivenda en Galicia e do financiamento co sistema Crediasemaco.

15.000,00 €

9.4.2018

Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

52.752,00 €

17.4.2018