Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2018 Páx. 25047

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de abril de 2018 pola que se denegan determinadas solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional correspondente á campaña 2015, solicitadas ao abeiro da Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Advertidos erros na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 81, do 26 de abril de 2018, cómpre facer as seguintes correccións:

No anexo: descrición dos motivos, na páxina 22354, onde di:

001102

Os sectores en que se incorpora non se corresponden con ningún dos sectores xa incorporados no réxime de pagamento único, ou dos sectores citados no artigo 13 do Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro.

001104

O solicitante non ten expediente con resolución favorable de concesión de axuda de primeira instalación no ámbito dun programa de desenvolvemento rural (PDR) e non acredita a súa instalación como agricultor profesional nunha explotación prioritaria nos sectores xa incorporados no réxime de pagamento único ou dos sectores citados no artigo 13 do Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro.

Debe dicir:

Na páxina 22354 engadir ao final da táboa.

915204

Beneficiario sen cálculo de reserva nacional, pois non conta con ningunha rexión en que se poidan incrementar ou asignar novos dereitos.