Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018123AL-PO por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 3 de abril de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2018123AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Antía Pavón Reinoso, con NIF 76927224K, como titular do Pub Fetiche.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula se lle notifica a Antía Pavón Reinoso, como titular do Pub Fetiche, o contido do dito acordo que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Tamén se lle fai saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na rúa María Victoria Moreno, número 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 26 de abril de 2018

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2018123AL-PO.

Denunciada: Antía Pavón Reinoso, con NIF 76927224K, titular do Pub Fetiche.

Último enderezo coñecido: r/ Luis González Taboada, 22, 36500 Lalín.

Feito imputado: suposta infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: capítulo XII do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51, punto 1, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: cento cincuenta euros (150,00 €).